Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TRIBUNAL DO XURADO. SORTEO PARA FORMACIÓN DE LISTAS DE CANDIDATOS/AS

Ponse en coñecemento dos/as interesados/as que durante o prazo comprendido entre o 16 e o 22 de setembro de 2020 quedará exposta ao público, nas oficinas municipais do concello (planta baixa) o censo electoral vixente, para a formación de listas de candidatos/as a xurados, segundo a Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado, de 22 de maio, mailo R.O. 1398/1995, de 4 de agosto, modificado polos R.O. 2067/1996 de 13 de setembro, e 1271/2012, de 31 de agosto que establecen o procedemento legal para a formación das devanditas listas.

O sorteo para a formación destas listas levarase a cabo o vindeiro día 24 de setembro de 2020; ás 12:00 horas  na sala de xuntas da oficina do censo electoral na Coruña.

Back to top