Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VOLVE A ACTIVIDADE NA AULA DE INFORMÁTICA MAÑÁ VENRES

A concellería de Cultura informou que mañá venres reabrirá as súas portas a aula de informática municipal tras levar a cabo todos os axustes necesarios para cumprir as medidas de prevención de contaxios.

De luns a venres de 10.30 a 13.30 horas, as veciñas e veciños de Mugardos poderán facer uso dos 7 equipos informáticos dispoñibles, sen requerirse a solicitude de cita previa.

A aula foi adaptada coa colocación dun só equipo por mesa, co obxectivo de manter o distanciamento social de 1,5 metros, e foi precisa a instalación de dispensador de xel desinfectante que será obrigatorio utilizar antes e despois de facer uso dos equipos. Así mesmo, será obrigatorio o uso de máscara facial durante todo o tempo no interior da aula.

En canto á limpeza, os equipos, cadeiras e mesas serán desinfectados despois de cada uso.

A concelleira de Cultura Begoña Roldós sinalou que “a reapertura da aula de informática é un paso máis na recuperación da normalidade nos servizos municipais, pero seguimos chamando á responsabilidade dos usuarios e usuarias”.

Back to top