Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INICIO DO PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓN DE 5 PEÓNS DENTRO DO PROGRAMA DE LIMPEZA DE PRAIAS

A Concellería de Persoal informa do inicio do prazo de presentación de solicitudes para a contratación como persoal laboral temporal de 5 peóns dentro do programa de limpeza de praias 2020 subvencionado pola Deputación da Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes será do 3 ao 7 de xullo e as persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar mediante o rexistro da instancia correspondente, ben presencialmente ou ben a través da sede electrónica do concello (www.sede.concellodemugardos.gal).

A selección das persoas candidatas será polo sistema de oposición e entrevista persoal.

En canto ás características do posto, infórmase de que a xornada será de 37,5 horas semanais de luns a domingo cos descansos que establece a lei. A modalidade de contrato será “contrato de traballo temporal por obra ou servizo determinado”, e a retribución bruta mensual a percibir será de 1.339,14 euros.

Nas seguintes ligazóns poden descargarse as bases do proceso de contratación así como o anexo I, esto é, a solicitude de participación na selección de persoal:

DESCARGAR PDF Bases para a contratación como persoal laboral temporal de 5 peóns dentro do programa de limpeza de praias 2020

DESCARAGAR PDF Solicitude de participación no proceso selectivo limpeza de praias 2020

Back to top