VENTA DE TICKETS PARA A 33ª FESTA DO POLBO DE MUGARDOS QUE SE CELEBRA O 12 DE XULLO
A 33ª Festa do Polbo de Mugardos se celebra o sábado 12 de xullo no Porto de Mugardos, organizada polo Concello de Mugardos en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e cos patrocinios de Gadis e A Banca.
Os tickets poderán mercarse o días 8, 9 e 10 de xullo na Oficina de Recadación Municipal sita na rúa Corzás nº 6 (en horario de 9.00 a 14.00 horas). O venres 11 de xullo (de 18.00 a 21.00 horas) e o sábado 12 de xullo (de 10.00 a 17.00 horas) estarán dispoñibles na Oficina de Turismo situada na Avenida do Mar nº 44 (Casa do Reloxo).
Os prezos serán os seguintes:
-Ración de polbo á mugardesa: 14 €.
-Ración de empanada: 4 €.