Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

STOP VESPA VELUTINA

FERROLTERRA – CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL STOP VESPA VELUTINA

Chegou o momento de iniciar o trampeo masivo primaveral de novas raíñas fundadoras.

A velutina é unha especie invasora perigosa para o medioambiente e que conleva un risco importante para as persoas. Na nosa comarca agora a finais de marzo as velutinas xa saen do seu letargo invernal nun número importante e senón trampeamos en gran escala teremos centos de niños velutinos e o consecuente incremento de risco para as persoas.

As velutinas carecen de inimigos naturais e xeran centenares de nais por niño a diferenza das autóctonas que apenas chegan á decena. O risco que xera a Vespa velutina negritorax é moi superior á das autóctonas. Non fai falta achegarse ao niño para alteralas, reaccionan ao ruído e vibración (niños soterrados) e son máis agresivas na proximidade dos seus niños, ataca en maior número e con máis insistencia, e polo seu gran tamaño inxectan máis veleno. A captura de raíñas ha de efectuarse de inicio de marzo a finais de maio, coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario. Ou ben de setembro a decembro (do nacemento de novas raíñas á súa hibernación). A mensaxe é breve e claro e está dirixido á xente do rural.

SE NON QUERES UN NIÑO VELUTINO PRÓXIMO Á TÚA CASA PON UN PAR DE TRAMPAS NO TEU HORTO OU   XARDÍN.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa Asociación Galega de Apicultura (Delegación Ferrolterra no teléfono: 661 378 960.

Back to top