Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

RECOMENDACIÓNS DA FEMP PARA COLABORAR COA EMERXENCIA HUMANITARIA EN VENEZUELA

En relación coa situación de emerxencia humanitaria provocada polos recentes terremotos rexistrados en Venezuela, e co obxectivo de colaborar da forma máis axeitada coa poboación afectada, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) recomenda:

👉🏻 Priorizar as aportacións económicas fronte ás doazóns en especie, ao ser o mecanismo máis eficaz e adecuado para atender as necesidades identificadas sobre o terreo.

👉🏻 Canalizar ditas achegas a través das organizacións humanitarias especializadas coas que a  Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) mantén convenios de actuación en materia de acción humanitaria, cuxa relación pode consultarse na página web da  AECID: Terremoto en Venezuela – aecid.es

👉🏻 Evitar, polo momento, a organización de campañas de recollida de alimentos, medicamentos ou materiais, agás que as autoridades competentes establezan expresamente canles oficiais para iso.

0 Comments

There are no comments yet

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

Back to top