Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADO O PROCESO DE ESTABILIZACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE TRABALLADORES MUNICIPAIS DE MUGARDOS

Máis dunha vintena de traballadores beneficiaranse deste procedemento

O concelleiro de Persoal, José Miguel Mahía, informou de que o goberno municipal e representantes dos traballadores aprobaron por unanimidade na mesa xeral de negociación as bases xerais e especÍficas para o procedemento de estabilización e consolidación que afecta a máis dunha vintena de traballadores.

As prazas afectadas polo proceso son a de 1 traballador/a social, 1 traballador/a social (25 horas semanais), 1 psicólogo/a, 1 axente desenvolvemento local, 1 animador/a sociocultural, 1 animador/a deportivo, 1 auxiliar administrativo servizos sociais, 1 oficial 1ª servizo auga, 11 auxiliar de axuda no fogar, 2 oficiais 2ª grupo emerxencias supramunicipal e 1 limpador/a edificios municipais.

“Logo de moitas semanas de negociacións entre sindicatos e Concello, logramos chegar a un acordo que, como en todos os documentos aprobados ata a data por parte deste goberno, foi por unanimidade” sinalou Mahía. 

O acordo foi xa remitido ao Boletín Oficial da Provincia onde deberá publicarse antes do 31 de decembro de 2022 para dar cumprimento coa lexislación vixente.

Para rematar, o concelleiro quixo mostrar o seu agradecemento aos sindicatos “polas negociacións, o bo ton das mesmas e o compromiso de todas as partes durante o proceso”.

Back to top