PUBLICADAS AS BASES DO II PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E DAS MICROEMPRESAS
Desde a Concellería de Facenda infórmase á veciñanza que a Consellería de Emprego e igualdade vén de publicar as bases do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas da Xunta de Galicia.
A orde publicada regula dous programas de axudas: as axudas do Programa I teñen por obxecto contribuír ao mantemento das persoas traballadoras autónomas e os seus negocios como parte esencial do tecido produtivo e da economía de Galicia, contribuíndo deste xeito á reconstrución da nosa sociedade na era poscovid. Por outra banda, as axudas no Programa II teñen por obxecto apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia que desenvolven a súa actividade económica nos sectores máis afectados pola COVID-19 que teñen traballadores ao seu cargo, como elementos esenciais do tecido produtivo e da economía de Galicia, contribuíndo igualmente á reconstrución da nosa sociedade na era poscovid.
Os recursos que se destinarán aos programas contidos nesta orde son os seguintes:
– Programa I persoas traballadoras autónomas: axudas ás persoas traballadoras autónomas, incluídas as persoas autónomas societarias. Este programa está financiado con 30.000.000,00 €, susceptibles de ser financiados polo FSE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.
– Programa II microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo. Este programa está financiado con 30.000.000,00 € con cargo aos fondos finalistas e propios da Comunidade Autónoma, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.
O prazo para a presentación das solicitudes será de un mes a contar a partir de mañá venres 19 de febreiro.
Poden consultarse as bases na seguinte ligazón da web municipal: