Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “AS LAGOAS”

No día de hoxe, a Concellería de Benestar Social vén de publicar a listaxe definitiva de admitidos/excluidos na Escola Infantil Municipal “As Lagoas” para o curso 2020-2021.

O alumnado admitido recibirá unha notificación coa cota a pagar, así como a matrícula, prazos, conta e documentación a presentar na Escala infantil Municipal “As Lagoas”, que é o lugar onde materializar a matrícula, ata o 4 de setembro de 2020, día que pecha o prazo de matrícula.

Para máis información, as familias poden dirixirse é Escola Infantil a través do correo electrónico eimaslagoas@hotmail.com, ou chamando por teléfono ao 981 47 21 98.

Na seguinte ligazón pode consultarse a listaxe publicada:

IR Á LIGAZÓN Listaxe definitiva de admitidos/excluidos na Escola Infantil Municipal “As Lagoas”

Back to top