PROXECTO “ACTUACIÓNS NO ALUMEADO PÚBLICO MUNICIPAL PARA A MELLORA DA SÚA EFICIENCIA ENERXÉTICA”
O Concello de Mugardos, a través das subvencións a proxectos de Entidades Locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono (FEDER-POPE 2014-2020), recibiu unha axuda para o proxecto “Actuacións no alumeado público municipal para mellora da súa eficiencia enerxética e adaptación ao regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior”
O Concello de Mugardos, a través das axudas a Entidades Locais para proxectos de inversión en economía baixa en carbono no marco do programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020, convocadas polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, recibiu unha axuda do 80% do importe do proxecto “Actuacións no alumeado público municipal para mellora da súa eficiencia enerxética e adaptación ao regulamento de eficiencia enerxética en instalación de alumeado exterior” o cal ascende a 130.669,53 €
A axuda concedida corresponde ao Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea e ascende a 104.535,62€, para a realización de actuación no alumeado público municipal para mellora da súa eficiencia enerxética cun Obxetivo Específico OE 431- Eficiencia enerxética na edificación e nas insfraestruturas e servizos públicos, según o el “Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER do Crecemento Sostible 2014-2022″ que regula a asignación destas axudas.
O proxecto consiste, por un lado, na renovación das instalación de alumeado exterior en núcleos rurais e urbáns de Mugardos (A Coruña) sustituíndo unha parte das luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED para mellora da súa eficiencia enerxética e adaptación al Regulamento de Eficiencia Enerxética. Por outro lado se sustitúen cadros de mando e protección por outros novos, que dispoñan do sistema de control de encendido mediante reloxo astronómico, protección contra sobretensións transitorias, proteccións térmicas e difereciais.
Os obxectivos alcanzados con esta actuación son conseguir un aforro enerxético estimado non inferior ao 30%