Programa de ocio ‘Mocidade activa’ para rapazada de 12 a 16 anos durante xullo
Os Concellos de Mugardos, Fene e Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarca o programa de MOCIDADE ACTIVA, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
O prazo para inscribirse no PROGRAMA ampliase ata o día 2/7/2021. Os requisitos para a formación de grupos é reunir un número mínimo de 8 participantes e un máximo de 10. As prazas cubriranse por orde de inscrición.
O programa vai dirixido a rapazada con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos.
O período está comprendido do 6 ata 29 de xullo, cunha duración mínima de 3 horas ou máxima de 9 horas por cada obradoiro O horario é entre as 10.30 e as 13.30 horas.
As actividades se desenvolverán no interior da Casa da Cultura de Mugardos e na pista deportiva e espazos ao aire libre.
Mocidade Activa ten como finalidade favorecer a cohesión social do grupo para poder traballar mediante actividades como Drons, Skate e outros como lettering, Youtube ou Tiktok, …..