PLAN DE LIMPEZA E DESBROCES DA CONCELLERÍA DE OBRAS
Esta é a planificación manexada pola Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente para as próximas semanas. Como xa se informou uns días atrás, durante as próximas semanas espérase a incorporación de persoal que fará máis rápidas as tarefas de limpeza dos espazos.
Medios dispoñibles na actualidade:
- 1 tractor do concello
- 6 peóns de obras e servizos (persoal municipal que tamén se adica a outras tarefas de mantemento e avarías)
- 2 tractores e 1 operario (empresa subcontratada)
Fases do traballo:
- Fase 1: desbroce groso dos espazos. Medios utilizados: 1 tractor. Duración aproximada: 1-2 semanas en xornadas de mañá e tarde.
- Fase 2: desbroce fino e repaso. Medios utilizados: 2 tractores e un operario. Duración: 1 semana en xornadas de mañá e tarde.
Zonas de difícil acceso:
- Medios utilizados: os dispoñibles segundo as necesidades do servizo de obras.
- Duración aproximada: 3-4 días dependendo da dispoñibilidade.
Zonas de traballo: esta será a orde de desbroces nas próximas semanas (entre paréntese, a fase na que se atropa na actualidade):
- Seixo (fase 2)
- Franza- San Vitorio (fase 2)
- San Xoán (fase 1)
- O Vilar
- Rilo
- A Pedreira
- Mugardos
- Seaña
- Simou
- A Redonda
Total superficie: 105 camiños municipais cunha extensión de 108 kilómetros (entre as dúas marxes).
Na seguinte ligazón pode consultarse a nova sobre o persoal que está previsto incorporar durante este verán nas tarefas de limpeza de espazos:
IR Á LIGAZÓN Ata 25 persoas traballarán na limpeza do Concello de Mugardos durante o verán