Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A participación cidadá no proceso de elaboración de ordenanzas e regulamentos ten por finalidade poder contar coa opinión e achegas da veciñanza e das súas organizacións e asociacións representativas cando o concello ten detectado un problema ou necesidades que requiran aprobar unha ordenanza ou regulamento ou modificar algún xa existente.

Esta participación regúlase polo disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local.

Obxecto do trámite: recabar a opinión da veciñanza e das organizacións máis representativas potencialmente afectados por unha futura ordenanza ou regulamento sobre os seguintes extremos:

  1. Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
  2. A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  3. Os obxectivos da norma.
  4. As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Neste momento non hai iniciativas en fase de consulta pública abertas

Obxecto do trámite: Xunto coa previa consulta pública, cando o proxecto de ordenanza ou regulamento poda afectar aos dereitos e intereses lexítimos da veciñanza, abrirase un prazo para darlles audiencia e recibir as achegas que se consideren oportunas.

Actualmente non hai iniciativas en fase de audiencia e participación cidadá abertas

Para presentar suxestións, acudir ao seguinte enlace: https://mugardos.sedelectronica.gal/dossier.7 e completar o formulario “Participación na elaboración da Normativa”, ou solicitar un formulario no Rexistro Xeral do concello.

Obxecto do trámite: abrir un prazo para presentar alegacións e suxerencias unha vez aprobado inicialmente o proxecto de ordenanza ou regulamento ou da súa modificación parcial.

Iniciativas en fase de información pública abertas

  • MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DA ESCOLA INFANTIL AS LAGOAS

 Informe conxunto de Intervención e Secretaría

 Certificado do acordo no Pleno de aprobación inicial

 Anuncio publicado no BOP

 Resultado do trámite de información pública

  • APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL Nº13 REGULADORA DA TAXA POLA PERSTACIÓN DO SERVIZO DA ESCOLA INFANTIL AS LAGOAS

 Informe conxunto de Intervención e Secretaría

 Certificado do acordo no Pleno de aprobación inicial

 Anuncio publicado no BOP

 Resultado do trámite de información pública

Aprobación definitiva

Para máis información consultar o PORTAL DE TRANSPARENCIA

Back to top