Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS TICKETS PARA A XXXI FESTA DO POLBO SE VENDERÁN NA OFICINA DE TURISMO DENDE O 1 DE XULLO

Os tickets para disfrutar da XXXI Festa do Polbo de Mugardos comenzarán a venderse o sábado 1 de xullo, na Oficina de Turismo de Mugardos (Avenida do Mar, 1). O horario de venta ao público será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, agás o propio sábado 8 de xullo, que o servizo permanecerá aberto ininterrumpidamente de 10:00 a 17:00 horas.

Os prezos serán os mesmos que o ano pasado, é dicir: 10€ o polbo (incluido pan e viño) e 2€ a empanada.

Haberá 8 quendas de 60 minutos cada unha para disfrutar desta festa gastronómica, empezando a primeira ás 12:00 horas e remantando a última ás 17:00 horas. En total, se servirán 3.500 racións (430 racións por quenda).

Back to top