Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORELLA PENDELLA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE MUGARDOS, DE FESTA DE FIN DE CURSO

Neste mes de xuño de 2023 Mugardos celebra o fin de curso da Escola Infantil Municipal cun evento para familias e peques no que poderán aprender recitados e cancións de noso. Continuando así o traballo iniciado no pasado curso con Bebegale para revitalizar o galego na franxa de 0 a 3.

Como é o espectáculo de Orella Pendella? https://migallas.gal/orella-pendella/

Orella Pendella é un obradoiro da Compañía Migallas Teatro con música en directo no que aprender ditos infantís, xogos, contos, recitados e cancións de sempre. Un evento orientado para interactuar coas crianzas, revitalizar o uso da lingua e estimular a súa capacidade cognitiva e comunicativa. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Mañá día 30 de xuño ás 17 horas na Escola Infantil Municipal poderase desfrutar da Compañía Migallas Teatro e o seu espectáculo “Orella Pendella”, dirixido a peques de entre 0 e 3 anos. En definitiva, un encontro para o impulso da lingua galega e do traballo de mellora da capacidade cognitiva e comunicativa das crianzas.

Back to top