Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS RESPONSABLES DO DESTROZO DUNHA MARQUESIÑA A PASADA NOITE XA FORON IDENTIFICADOS

A Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente informou dos feitos acontecidos a pasada noite na Gallada cando, logo de iniciarse un altercado nun dos bares cercanos, a situación acabou no exterior do local con destrozos no mobiliario público.

As catro persoas identificadas pola Policía Local, que acudiu ao lugar dos feitos trala chamada dun dos presentes, serán as responsables de facerse cargo do arranxo dos danos ocasionados no mobiliario, causados polo lanzamento dun obxecto contundente contra a marquesiña.

O concelleiro Jorge Kuntz sinalou que “afortunadamente estas condutas irresponsables están a ser puntuais no concello e Mugardos é un sitio tranquilo e seguro. Temos que agradecer a intervención da Policía Local que permitiu que a situación non fose a maiores e que, dada a cercanía cunha vía pública de enorme tráfico rodado, agora non teñamos que lamentar danos maiores”.

Back to top