Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS NENOS E NENAS MUGARDESES TEÑEN XA Á SÚA DISPOSICIÓN OS BUZÓNS MÁXICOS PARA DEPOSITAR AS SÚAS CARTAS

Están repartidos por todo o municipio e disponibles ata o día 5 de xaneiro

A concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Roldós, informou hoxe da instalación dos buzóns máxicos para que os nenos e nenas mugardeses poidan facer chegar os seus desexos de Nadal a Papá Noel e ás SS. MM. os Reis Magos de Oriente.

Os buzóns máxicos xa están instalados na porta da Casa do Concello, na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, no Casino Progreso de Franza, na Sociedade Cultural e Recreativa San Xoán de Piñeiro e no Casino Mugardés.

Desde a Alcaldía confirmaron que xa teñen todo o dispositivo preparado en colaboración cos elfos e os paxes reais para facer chegar todas as cartas depositadas ao seu destino.

“As cartas viaxarán directamente desde Mugardos ata Laponia e Oriente, unha vez depositadas nas caixas reais” confirmou o alcalde Juan Domingo de Deus, animando a grandes e pequenos a participar nesta bonita tradición.

Back to top