Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN E OCIO AFECTADOS POLA COVID-19 XA PODEN PRESENTAR A SOLICITUDE PARA A EXENCIÓN DO CANON DA AUGA E COEFICIENTE DE VERTIDO

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o venres 19/02/2021 a resolución que recolle os requisitos para a tramitación das exencións do canon da auga e coeficiente de vertido, dirixidas aos establecementos de restauración e ocio afectados na súa actividade pola COVID-19.

Trátase dunha liña de axudas promovida pola Xunta de Galicia, á que poden acollerse os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares de Mugardos.

O requisito en tódolos casos é ter un consumo da auga igual ou inferior ao 25% do consumo realizado antes do 5 de novembro de 2020. Tamén accederán ás bonificacións cando se rexistre unha disminución da súa actividade ou do consumo eléctrico de, alomenos, o 75%.

O periodo de exención do canon da auga e coeficiente de vertido estará comprendido entre o 5 de novembro de 2020 e a data na que finalice a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interés galego efectuada pola Xunta de Galicia.

O impreso de solicitude pode descargarse neste enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210219/AnuncioO143-180221-0001_gl.html

Back to top