Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS CENTROS DE ENSINO E A ASOCIACIÓN APELÓN CELEBRAN OS MAIOS E AS LETRAS GALEGAS

No día de onte, xoves 11 de maio, os centros de ensino de Mugardos e a Asociación Apelón celebraron Os Maios e as Letras Galegas.

En primeiro lugar, o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria disfrutaron da obra ‘A viaxe feliz de Ramón Sanfiz’ da compañía Fantoches Baj e os seus Monicreques. Esta peza está inspirada no libro ‘Galicia’ de Francisco Fernández del Riego (autor homeaxeado este ano nas Letras Galegas) que descobre unha aventura marabillosa dunha personaxe do universo literario galego deste escritor. A personaxe viaxa ata San Andrés de Teixido desde Lourenzá, contando fantásticas historias a través da súa música, os monicreques e a maxia dos contos. A actividade celebrouse no Casino Mugardés ás 11 da mañá cun cheo case completo do espazo.

A continuación celebráronse Os Maios no Cantón de Cora, con música, baile e participación da rapazada máis nova. Ata aquí achegáronse numerosos veciños, ademáis do profesorado e alumnado. Os diferentes Maios, confeccionados por nenos e nenas de Educación Infantil, Educación Primaria e alumnado do IES, eran fermosas pezas entre as que se atopaban as figuras máis clásicas e tamén un barco vexetal.

Back to top