Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DIRIXIDOS Á MOCIDADE DE MUGARDOS

Os rapaces e rapazas nados do 1 de xaneiro do 2009 ao 31 de decembro de 2014 poden participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña. A duración será de 5 días, entre o domingo 2 de xullo (chegada para cear) e o venres 7 de xullo (saída tras o almorzo). A sede do campamento será o IES Rosalía Mera (rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña).

A cuota de inscrición é de 85€, que se ingresarán unha vez que o interesado/a obteña praza.

As inscricións para poder optar a unha destas prazas se realizarán no Rexistro do Concello de Mugardos, antes do 7 de xuño de 2023. No caso de ter máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición.

Back to top