Obradoiros dixitais en liña para persoas adultas os días 10 e 17 de xuño
O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública no que se enmarca, entre outros, o programa de Formación en acompañamento dixital
Este obradoiro dixital está orientado para todas aquelas persoas adultas que busquen un espazo formativo dinámico onde falar sobre as redes sociais e como adaptarnos á comunicación dixital coas novas realidades derivadas da pandemia; aprenderemos a mellorar a nosa seguridade en internet (revisar termos de privacidade nas diferentes aplicacións que usamos a diario, crear contrasinais seguras, etc.). Tamén trataremos os conceptos de identidade e pegada dixital, para coñecer a información que ten internet sobre nós e que pegada deixan as nosas accións nas redes. Todo isto abordarémolo tendo en conta as emocións e necesidades que nos espertan os usos das TRIC (Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación) e valorando o noso benestar dixital a través dos usos saudables e aqueles hábitos ou rutinas que nos poden estar a ocasionar certos riscos na nosa saúde ou seguridade.
Coa finalidade de dotarse de ferramentas e formación se impartirá o obradoiro en liña nas datas que se indican de seguido:
Data: xoves 10 e 17 de xuño de 2021
Hora: De 16.30 a 18.00h
Formación en liña.
O número de prazas está limitado a 15, para así poder garantir un espazo virtual dinámico e participativo, buscando a interacción e dominio de ferramentas tecnolóxicas.
O período de inscrición está aberto ata o 9 de xuño ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.
As solicitudes se realizarán enviando a ficha de inscrición cuberta a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal
Unha vez confirmada a inscrición, remitirase o enlace á sala virtual onde terá lugar a formación.
A empresa encargada de impartir as sesións é Atalaia.social e a técnica responsable de coordinar o programa é a pedagoga municipal Mª José Paz Rodríguez.