OBRADOIROS DA ESCOLA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA MAIORES DE 60 ANOS
O prazo de inscricións para asistir á ‘Escola de Envellecemento Activo + 60 anos’ estará aberto do 15 de setembro ó 7 de outubro de 2026. Os obradoiros comenzan o día 1 de outubro de 2026 e rematarán o 31 de maio de 2027.
O calendario de actividades e lugares de realización é o seguinte:
–Local social de maiores:
Luns: Memoria.
Martes: Lecto-escritura.
Luns e mércores: Psicomotricidade.
–Escola Francisco Vizoso (Franza):
Luns e martes: Memoria.
Xoves: Manexo do smartphone e as distintas aplicacións.
–Escola infantil de O Seixo:
Xoves: Memoria.
Venres: Expresión artística.
Luns, martes, mércores e xoves: Psicomotricidade.
–Casa da Cultura:
Martes, mércores e xoves:Alfabetización dixital.
Martes: Manexo do smartphone e outras aplicacións.
Para máis información, pódese acudir ó departamento municipal de Benestar Social (2º andar do Concello) ou ben chamar ó teléfono 981 470 338 (extensión 2017).
Ao longo do curso 2026/2027 se organizarán diferentes charlas e actividades complementarias.
