Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTIVIDADES DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL PARA O MES DE SETEMBRO

A programación especial de verán continuará en setembro no Centro de Interpretación de Caldoval con novos talleres e actividades.

En primeiro lugar, poderase participar nunha Xincana romana o sábado 5. Este divertido xogo de pistas levará as persoas participantes por todos os recantos do centro, ao tempo que aprenderán sobre a Roma Antiga.

Así mesmo, un obradoiro especial, O Zodíaco terá lugar o sábado 12 -coincidindo co IX aniversario do Centro de Interpretación de Caldoval- no que se coñecerán os signos zodiacais do mundo clásico, ademais de elaborar símbolos propios.

Finalmente, producirase o retorno dunha das máis esperadas actividades especiais do centro: a xa tradicional Noite de Estrelas, que chega á súa IX edición, e será o 19  de  setembro.  Esta observación  astronómica  será  conducida  polo  astrofísico  e divulgador galego Borja Tosar.

Se ben todas as devanditas actividades serán de balde, cómpre lembrar que o período para reservar praza para cada unha non se abrirá até aproximadamente unha semana antes de cadansúa celebración.

Nas vindeiras semanas, se anunciará a través da páxina web https://museocaldoval.gal/gl/ e das redes sociais (Instagram @museocaldoval e Facebook Centro de Interpretación de Caldoval) a apertura dos prazos de inscrición de cada actividade.

As inscricións poderán realizarse por correo no seguinte enderezo: info@museocaldoval.gal ou por teléfono no número 687 072 116.

Back to top