Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O MÉRCORES 3 DE XUÑO REABRE O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL

A concelleira de Cultura e Turismo Begoña Roldós informa de que o próximo mércores 3 de xuño de 2020 está programada a volta á actividade do Centro de Interpretación Caldoval, abrindo de martes a domingo, de 10.30h a 14.00h polas mañáns e de 16.30h a 20.00h polas tardes.

Os visitantes do Caldoval deberán seguir as directrices e recomendacións das Administracións Públicas para museos e sitios patrimoniais. Entre as normas de obrigado cumprimento estarán as seguintes:

  • Limpeza de mans xel hidroalcohólico na entrada a Caldoval.
  • Uso de máscaras nos maiores de 6 anos.
  • Mantemento da distancia interpersoal de seguridade.

O aforo do centro durante a Fase 2 do estado de alarma estará fixado en 10 persoas e suspenderanse temporalmente os obradoiros didácticos.

As visitas guiadas manteranse nos horarios habituais, de venres a domingos ás 10.30 e 12.30h polas mañáns e ás 16.30h e 18.30h polas tardes. Do mesmo xeito, poderase seguir participando no xogo de pistas “As XII probas de Caldoval”, dispoñible en calquera momento durante o horario de apertura.

Máis información na web oficial do Caldoval na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZON Web do Centro de Interpretación de Caldoval

Back to top