Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO APROBA IMPORTANTES MEDIDAS DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

O Pleno da corporación celebrado o pasado mércores deu luz verde á adhesión do Concello de Mugardos ao Pacto dos Alcaldes e a posta en marcha da tramitación do proxecto de faixas secundarias, ámbolos dous puntos saíron adiante por unanimidade.

A aprobación inicial do proxecto de faixas secundarias é un paso máis no compromiso do goberno co medio ambiente traballando para a prevención de incendios forestais na procura do interese público da seguridade de persoas e de bens, así como na xestión da biomasa das parcelas incluídas nas faixas secundarias. Este proxecto conta co visto bo tanto da Consellería de Medio Rural como da Seaga.

Nos próximos días, o proxecto iniciará a tramitación de exposición pública durante 15 días hábiles para a consulta pola veciñanza e presentación de alegacións.

Por outra banda, o Pacto dos Alcaldes é un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais a través do cal asúmese o compromiso por parte das administracións de traballar na mellora da eficiencia enerxética, e reducir as emisións de CO₂.

Os concellos son administracións crave para frear o cambio climático e a participación no Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía é unha oportunidade para que Mugardos impulse o seu compromiso nesta material.

Back to top