Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO MUNICIPAL DECIDE MANTER OS PARQUES INFANTÍS ABERTOS DURANTE AS PRÓXIMAS SEMANAS

A Concellería de Obras e Servizos informou hoxe a través do seu responsable, Jorge Kuntz, a decisión do goberno municipal de manter os parques infantís abertos durante as próximas semanas.

A decisión foi adoptada logo de valorar a dispoñibilidade e o traballo que está a facer o Grupo de Emerxencias Supramunicipal encargado da desinfección diaria dos parques.

Do mesmo xeito, valorouse o cumprimento das limitacións dos aforos decretadas nos parques municipais “Non constan nin informes da Policía Local nin queixas dos usuarios e usuarias por incumprimento dos aforos máximos nestes espazos, o que permite realizar un control das persoas que comparten espazos e manter as distancias obrigatorias”.

O goberno municipal desenvolve as tarefas de desinfección e limpeza que o concello levaba a cabo tras o primeiro estado de alarma a finais do mes de maio, co que este protocolo pode ser implementado sen maiores problemas xa que é un xeito de traballo xa coñecido e adaptado á dispoñibilidade do persoal municipal.

Foi unha decisión conxunta das concellerías de Servizos, Mocidade e a propia Alcaldía tendo en conta as opinións do persoal implicado, que consideraron que o programa de desinfección e limpeza plantexado reúne as condicións de seguridade. “Logo de analizar outros moitos aspectos, pensamos que tanto para os nenos e nenas mugardeses como para as súas familias, dispor destes espacios de lecer é moi importante. Obviamente, se nalgún momento a Xunta ou as autoridades sanitarias decretan o peche dos parques, nós atenderemos esa instrucción, pero mentras pensamos que é beneficioso para os máis pequenos contar con espazos ao aire libre que lles permiten socializar e xogar en entornos seguros” concluíu Kuntz.

Back to top