Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO MUNICIPAL AVANZA NA MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN

A Concellería de Facenda informou hoxe da implementación dun novo procedemento de contratación de obras e servizos de menos de 5.000 euros, que permitirá resolver as propostas no mesmo día e de xeito totalmente telemático. Este novo procedemento non ten ningún custe para a administración e reducirá drásticamente os prazos de trámites que na actualidade podían chegar a levar días ou semanas, e o consumo de papel.

Segundo explicou Miguel Mahía, responsable da área de Facenda, desde a pasada semana cada membro do goberno realiza as súas propostas de gasto a través da Plataforma de Tramitación de Expedientes Electrónicos (TEDeC) que son remitidas telemáticamente á Concellería de Facenda para a súa tramitación (realización da retención de crédito) e cunha resolución de alcaldía apróbase o gasto.

Esta tramitación únese á recepción de facturas prácticamente en exclusiva a través do programa informático FACE, o que está a piques de logar que no Concello de Mugardos desapareza a tramitación tradicional de expedientes contables en carpetas, papel e arquivos que supuña unha inxente carga de traballo administrativo, a necesidade de enormes espazos de arquivo e a ralentización das tramitacións pola necesidade de traslado físico dos documentos.

Miguel Mahía expuxo que “a día de hoxe estamos logrando tramitar a maioría dos pequenos expedientes (importes menores de 5.000 euros) no día. E aqueles proveedores que remiten as súas facturas a través do FACE saben que a contabilización é automática. Ambos feitos xuntos (tramitación por TEDeC e remisión de facturas por FACE) permite a xestión dos expedientes en tempo real, a eliminación do papel e a mellora no control orzamentario do concello”.

Mahía confirmou que o goberno municipal xa traballa para a eliminación da recepción de facturas a través do rexistro (físico ou pola sede electrónica) e convidou a aqueles pequenos proveedores municipais que aínda non teñan implementado o FACE entre as súas ferramentas de facturación para adaptarse a esta nova canle .“É preferible para a administración polo control da xestión de pagos que proporciona, e para o acreedor que sabe que permite acurtar o prazo de cobro” concluíu co concelleiro.

Back to top