Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO DE MUGARDOS RENOVA E AUMENTA O EQUIPAMENTO DE ESCALADA DOS GES

A Concellería de Persoal informou da tramitación de adquisición de material de seguridade para os traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) trala revisión do material.

Miguel Mahía, concelleiro de persoal e delegado do GES expuxo hoxe que logo revisión por parte de empresas especializadas dos equipos anticaída e dos equipos de respiración autónoma, aprobouse a adquisición de novo material que por un lado supón unha renovación do xa existente, e por outro suporá unha ampliación e mellora na prestación dos servizos e na seguridade dos traballadores pola adquisición de novo material.

“Este goberno xa ten demostrado moitas veces o seu compromiso con Grupo de Emerxencias Supramunicipais. Para nós, é un servicio básico que mellora a calidade de vida e a seguridade dos mugardeses e mugardesas” afirmou Mahía.

“O servizo que prestaron os traballadores do GES durante o confinamento foi impresionante, e o que seguen a facer hoxe tamén. Aínda hoxe, seguen colaborando por exemplo na desinfección dos parques infantís, o que permite ter abertos estes espazos coa máxima seguridade para os máis pequenos” engadiu o concelleiro que confirmou que nas primeiras semanas de 2021 adquirirase tamén unha cámara térmica, material de intervención que suporá unha gran mellora para o traballo a desenvolver en situacións de altas temperaturas e fumes como os incendios.

Back to top