Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO E A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL FIRMARON HOXE O CONVENIO PARA A AMPLIACIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIAL “AS LAGOAS”

O alcalde Juan Domingo de Deus e a conselleira de Política Social Fabiola García firmaron hoxe o convenio que dá luz verde ás obras de ampliación da Escola Infantil Municipal “As Lagoas”, e que permitirán a creación de novos espazos no interior da escola, coa ampliación de prácticamente todos os espazos tanto de convivencia dos nenos e nenas como das traballadoras do centro.

A inversión total esta previsto que rolde os 150.000 euros e o convenio asinado no día de hoxe recolle o compromiso da entrega por parte de Política Social de 50.000 euros durante este 2020 e outros 50.000 euros en 2021 para a realización das obras, mentres o concello comprométese á realización das citadas obras e a asumir todos os custes que superen as aportacións realizadas pola administración autonómica.

O alcalde confirmou que o goberno local licitará este mesmo ano a primeira fase das obras na escola infantil e que as previsións que se manexan desde o concello é que para o inicio do curso 2021-2022 as actuacións estean xa rematadas.

Ao longo das próximas semanas contactarase tanto coa dirección do centro coma cos pais e nais dos alumnos e alumnas do centro para a preparación dun calendario de actuacións que interfiera o menos posible na actividade do centro. Do mesmo xeito e en coordinación entre as concellerías de Benestar e Cultura, contactarase coa dirección da escola de música e o alumnado da mesma.

“Estamos moi satisfeitos polo excelente resultado que tiveron as xestións realizadas para lograr estas melloras na EIM “As Lagoas”, e moi agradecidos pola colaboración e a boa disposición que atopamos desde o primeiro minuto na conselleira de Política Social. Será unha gran mellora na prestación do servizo ás familias e notarase no día a día” afirmó el alcalde Juan Domingo de Deus tras la firma.

Back to top