Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REPARTE MATERIAL PARA FOMENTAR A RECOLLIDA DE EXCREMENTOS DE CANS

Os dispensadores de bolsas poden recollerse no local da Policía Municipal

Os concelleiros de Participación e de Obras e Servizos, Miguel Mahía e Jorge Kuntz, informaron hoxe de que o Concello pon a disposición da veciñanza de xeito totalmente gratuIto dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos de cans, que poden pasar a recollerse nas oficinas da Policía Local.

Trátase de dispensadores de bolsas para mascotas fabricados en fibra de bambú, cun simpático deseño en forma de óso, que inclúen un mosquetón de transporte a xogo, e 15 bolsas biodegradables.

“Os propietarios dos animais debemos concienciarnos da importancia de manter unha boa conduta nos espacios públicos, e a falta de limpeza dos excrementos está a xerar algúns problemas no noso concello” sinalou Kuntz, que lembrou que “é obrigatorio recoller os excrementos e depositalos en calquera papeleira ou contedor de restos, e para facilitar esta tarefa decidimos entregar de xeito gratuíto os dispensadores e as bolsas biodegradables entre a veciñanza”.

Miguel Mahía destacou que esta é unha máis das iniciativas postas en marcha polo concello para garantir o control, a protección e o benestar animal. “Esta iniciativa enmárcase dentro das actuacións previstas para facilitar e fomentar a responsabilidade de quen teña animais de compañía no relativo á limpeza e á seguridade. É importante que sigamos lembrando estas mensaxes para lograr un espazo de convivencia o máis armonioso posible entre a veciñanza e as mascotas”.

Back to top