Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO ESPECIAL DO ENTROIDO EN CALDOVAL: ‘PURO THEATRUM’

Como cada ano e con motivo da chegada das festas do Entroido, o Centro de Interpretación de Caldoval oferta para o seu público a realización dun obradoiro especial para este mes de febreiro.

A temática da actividade estará baseada nos espectáculos de teatro da antigüidade para que os participantes teñan a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre o mundo da cultura romana á vez que fabrican o seu disfraz, a súa propia carauta romana.

As datas de realización da actividade serán o sábado 26 e o domingo 27 de febreiro, con posibilidade de asistencia baixo previa reserva en horario de mañá ás 11:30h, e de tarde ás 17:30h. Para formalizar as reservas e obter máis información é posible poñerse en contacto co centro enviando un correo a info@museocaldoval.gal ou chamando ao número de teléfono 687 072 116, en horario de apertura do museo.

Back to top