Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO RECEPCIONA O PARQUE INFANTIL DE SAN VITORIO, QUE ESTREA PAVIMENTO DE CAUCHO E NOVOS XOGOS INFANTÍS

A obra, adxudicada á empresa Sport Equipalia, contou cun orzamento de 40.000 euros e un prazo de execución dun mes

O Concelleiro de Obras e Servizos de Mugardos, Jorge Kuntz, ven de informar no día de hoxe da entrega ao Concello do parque infantil de San Vitorio (na rúa Franza de Abaixo) por parte da empresa adxudicataria do contrato, Sport Equipalia.

A actuación estivo orzamentada en 40.000 euros (con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación) e se realizou no prazo dun mes dende a súa execución. As obras, realizadas sobre una superficie de máis de 180 m2, consistiron na instalación de pavimento de caucho sobre a superficie, a colocación de novos xogos infantiles (un tobogán, un columpio dobre e outro con cesta, e dous balancíns) e a colocación de bancos de madeira, unha nova papeleira, unha valla de seguridade e un cartel informativo sobre las características deste novo espazo de xogo infantil.

O edil Jorge Kuntz amosouse moi satisfeito polo resultado final da obra, que permitirá aos nenos contar cun novo lugar de ocio e recreo infantil. 

Back to top