Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS INICIA A INSTALACIÓN E SINALIZACIÓN DE COLONIAS FELINAS EN DISTINTOS PUNTOS DO MUNICIPIO

O Concelleiro de Participación de Mugardos, Miguel Mahía, ven de anunciar o inicio da instalación e sinalización de colonias felinas en distintos  puntos do municipio, co fin de controlar a poboación de gatos a través do método C.E.R. (captura, esterilización e retorno).

Cada caseta estará sinalizada con un panel identificativo no que se explica o proceso que se seguirá cos gatos rueiros que entren nestas gaiolas, co obxectivo de que estes sexan esterilizados. Unha vez recuperados da intervención, os felinos son devoltos ao seu territorio. “Este sistema, realizado de xeito respectuoso, é a clave do éxito dun modelo de control das colonias felinas que xa están a analizar noutros concellos da provincia” sinalou Mahía.

Back to top