Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REALIZA NOVAS ACTUACIÓNS PARA A REPARACIÓN DE FUGAS DE AUGA NA REDE DE ABASTECEMENTO

O Concello de Mugardos continúa desenvolvendo traballos de mantemento e mellora na rede municipal de abastecemento de auga, co obxectivo de garantir un servizo eficiente e reducir as perdas nas infraestruturas.

Nos últimos días leváronse a cabo dúas actuacións na tubaxe xeral de Curuto, así como outra intervención na zona de Bello Piñeiro, destinadas á localización e reparación de fugas detectadas na rede.

O concelleiro delegado de Obras, Servizos, Medio e TICs, Jorge Manuel Kuntz Peiteado, sinalou que estas intervencións “resultan fundamentais para asegurar o correcto funcionamento da rede, minimizar as perdas de auga e evitar posibles incidencias maiores na subministración”.

Así mesmo, o edil explicou que “desde o Concello realízase un seguimento continuo do estado das infraestruturas para actuar con rapidez alí onde se detectan problemas, priorizando sempre a eficiencia do servizo e o interese xeral dos veciños e veciñas”.

O Concello de Mugardos mantén así o seu compromiso co mantemento das redes municipais, apostando por unha xestión responsable da auga e pola mellora progresiva das infraestruturas básicas do municipio.

Back to top