O CONCELLO PROCEDE Á SUBSTITUCIÓN DUN TRAMO DE CANALIZACIÓNS DANADAS NOS CORZÁS
As obras darán comezo o próximo mércores 18 de maio, e suporán cortes puntuais de tráfico
12 DE MAIO DE 2022. O concelleiro de Obras e Servizos Jorge Kuntz informou hoxe da contratación das actuacións para a subtitución da canalización de pluviais e fecais na rúa Os Corzás o próximo mércores 19 de maio.
A reparación vai subsanar as filtracións que se están a producir na actualidade debido a que a rede de sumidoiros nun tramo de preto de 150 metros presenta numerosas avarías nas unións das tubaxes de fibrocemento de 50 centímetros que ten a instalación actual. Estas avarías provocaron unha importante filtración de auga que afundiu a beirarrúa e provocou numerosos atascos na rede.
A actuación ten un custe de 22.160, 30 euros e consistirá na reposición do saneamento e a beirarrúa no lado dereito da rúa Os Corzás (sentido Ares) á altura do número 50.
O concelleiro confirmou que non será preciso que se proceda a cortar o suministro de auga no zona, pero ese tramo da beirarrúa permanereca inhabilitado durante toda a obra e é posible que puntualmente sexa necesario cortar o tráfico rodado no carril dereito (sentido Ares).