Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ADXUDICADAS AS OBRAS PARA A AMPLIACIÓN DO ABASTECEMENTO DE AUGA NO VILAR E YÁÑEZ BADÍA

Estas obras foron adxudicadas por un importe total de 48.279 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, informou hoxe da adxudicación das obras de ampliación da rede municipal de abastecemento de auga potable no Vilar (Franza) e na rúa Yáñez Badía, incluidas no POS adicional 1/2019 a Construcciones González y González S.L. por 48.279 euros.

Kuntz expuxo que estas obras veñen a rematar a actuación integral iniciada en 2004, coa conexión das vivendas do Vilar e a rúa Yáñez Badía á rede municipal de abastecemento de auga potable.

As obras consistirán na conexión á rede municipal de tubaxes enterradas de polietileno, de diámetro comprendido entre 63 e 90 mm. que contarán con laxa de reforzo de formigón en masa de 10 cm. de espesor nas zonas susceptibles de ser atravesadas por tráfico rodado. Instalaranse nas marxes dos viais, baixo as cunetas, o máis afastado posible da zona pisable polos vehículos (na AC-132 o trazado será paralelo ao colector de saneamento de augas residuais, entre este e os cerramentos existentes), pero dentro do dominio público. Realizarase a reposición dos pavimentos afectados: ríxidos de formigón nas entradas a parcelas anexas á AC-123 e de regos asfálticos no caso do canellón con acceso desde a rúa Yáñez Badía.

Kuntz sinalou que o adxudicatario dispón dun prazo de 15 días hábiles para a formalización do contrato administrativo.

Back to top