O CONCELLO MELLORA O EQUIPAMENTO DOS GES COA ADQUISICIÓN DUN EXPLOSÍMETRO
O aparello xa está a disposición dos membros do equipo de emerxencias
O concelleiro delegado do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, Miguel Mahía, informou hoxe da adquisición por parte do Concello de Mugardos dun explosímetro para os GES.
Un explosímetro é un aparello que detecta e mide a concentración de gases e vapores inflamables, e en consecuencia, permitirá medir con maior exactitude ao equipo de emerxencias o perigo de explosión durante as súas intervencións, o que dotará de maior seguridade tanto aos traballadores como a poboación en xeral.
Mahía quixo destacar a aposta pola mellora do equipamento que está a levar a cabo o goberno municipal. “Invertimos en material para os GES, como este explosímetro ou a cámara térmica, e esperamos que nas próximas semanas a Policía Local conte tamén cun novo vehículo, no caso de resolverse favorablemente a licitación posta en marcha. Seguiremos facendo melloras que redunden na mellora do traballo dos equipos de seguridade e emerxencias, e polo tanto na veciñanza” concluíu.