Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA APUNTARSE ÁS CLASES DE TENIS NO MES DE SETEMBRO

Logo do éxito da actividade no verán, a Concellería de Deportes decidiu mantela tamén en setembro

A concelleira de Deportes Begoña Roldós, informou hoxe da apertura do prazo para inscribirse ás clases de setembro da escola municipal de tenis no Casino Mugardés.

A actividade contará co grupo de adultos (maiores de 16 anos) e nenos. As clases, que terán unha duración de hora e media, no caso dos nenos impartiranse dous días por semana de 17.00 a 18.30 horas, e nos adultos un día á semana de 19.00 a 20.30 horas ou os sábados de 11.00 a 12.30 horas.

Para inscribirse nesta actividade, os interesados deben poñerse en contacto coa Oficina de Información Xuvenil (OMIX) presencialmente no primeiro andar da Casa do Concello, por teléfono chamando ao 981 470338 (extensión 1) ou por correo electrónico omix@mugardos.gal. O horario de atención presencial ou telefónica é de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Roldós quixo destacar a excelente acollida que tiveron este verán as actividades culturais e deportivas municipais e os bos froitos que está a dar a estreita colaboración coas sociedades e as asociacións mugardesas. “Non só ampliamos o traballo conxunto e a colaboración co tecido asociativo municipal, tamén estamos a publicitar máis intensamente os seus propios eventos, e sen dúbida, esto tamén está a repercutir na chegada das actividades á veciñanza”.

Back to top