Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DONA 500 MÁSCARAS PARA ENFERMOS CRÓNICOS

No día de hoxe o alcalde Juan Domingo de Deus e a concelleira de benestar Ana Varela fixeron entrega no centro de saúde de Mugardos das 500 máscaras adquiridas para repartir entre os enfermos crónicos do municipio.

O concello pretende con esta medida facilitar a protección dun dos colectivos máis vulnerables. Trátase de máscaras de tipo cirúrxico que se reparten co obxectivo de dar acceso gratuíto á poboación a este material de protección.

A Concelleira de benestar manifestou a súa confianza en poder seguir colaborando co centro de saúde. “Esta é unha enfermidade que ataca especialmente ás persoas con problemas de saúde previos, polo que desde o centro de saúde poderán facer o mellor traballo posible no reparto das máscaras”.

O reparto farase desde o centro de saúde seguindo criterios estritamente médicos. As persoas con enfermidades crónicas que non dispoñan de máscaras, poden poñerse en contacto co centro de saúde chamando por teléfono ao 981 470 836.

Desde a concellería confirman que se segue a traballar na elaboración de máscaras reutilizables cun equipo de 40 voluntarios e voluntarias, co obxectivo de alcanzar ao total da poboación, e que no momento de telas preparadas repartiranse en todos os domicilios do municipio.

Back to top