Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO AMPLÍA AS OBRAS DE PIXIGO E CANO DA RÚA

A Concellería de Obras e Servizos vén de aprobar pola vía de urxencia unha actuación nas rúas Pixigo e Cano da Rúa para rematar coas inundacións que se producen na zona especialmente nos días de choiva.

As obras consistirán na implementación dun sistema de desvíos das augas recollidas pola rede de saneamento coa finalidade de evitar as sobrecargas no sistema e os posibles problemas sanitarios derivados de dita sobrecarga.

O problema das inundacións é producido polo enorme caudal que ten que recoller o sistema de saneamento municipal nesa zona cando se producen precipitacións, agravado pola gran superficie de recollida augas arriba.

O Concelleiro Jorge Kuntz sinalou que “é unha actuación urxente para o goberno polos problemas e riscos que se están a causar aos veciños e veciñas, e pola importancia de manter unha escrupulosa atención á hixiene durante esta alerta polo COVID-19”.

Back to top