Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS REVISA O SEU INVENTARIO DE VIAIS E O ESTADO DOS MESMOS

Mugardos, 28 de xaneiro de 2022.- O concelleiro de Mobilidade e alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e o edil de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, informaron de que o goberno municipal deu luz verde á actualización do inventario de camiños municipais, con descrición do estado actual e análise e cuantificación das reparacións, co obxectivo de levar a cabo un plan integral de obras e cobertura dos servizos básicos 2022-2023.  A actualización do inventario de viais municipais pretende acabar cos problemas de titularidade de camiños e espazos públicos.

As concellerías de Mobilidade, e Obras e Servizos traballaron de xeito conxunto nesta proposta que pretende acabar cunha das principais trabas que se atopan nestes servizos á hora de facer reparacións en determinados puntos do concello, así como pedir subvencións para realizar traballos de mellora nos mesmos.

“En moitos casos recibimos queixas da veciñanza para que o concello faga reparacións en camiños ou pistas que non podemos levar a cabo porque non se atopan recollidas no inventario, e ao non constar a titularidade municipal, desde a intervención e a secretaría municipal non autorizan o gasto de cartos públicos para o arranxo en cuestión, nin a solicitude dos mesmos á Deputación ou á Xunta de Galicia, nin moito menos fondos europeos” explicou Kuntz.

Para rematar, Kuntz afirmou que outra das vantaxes deste proxecto e que “a tramitación e autorización de amaños en viais municipais poderá realizarse máis rápidamente gracias a este traballo de actualización do inventario“.

Back to top