Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS PROCEDE Á LIMPEZA DOS CONTEDORES DE VIDRO

A concellería de servizos mugardesa informa do traballo de limpeza dos 46 contedores de vidro situados no municipio, e realizada por parte da empresa encargada da recollida e selección do vidro.

A actuación non supón un custo adicional para as arcas municipais e está enmarcada dentro dos traballos iniciados desde a concellería, que supuxo xa a limpeza de todos os dos contedores de residuos sólidos urbanos, así como a renovación dos de recollida de aceites domésticos.

O concelleiro Jorge Kuntz lembrou que o goberno está a programar a limpeza de todos os contedores de recollida de lixo e reciclaxe, a ampliación de unidades de recollida e incluso a renovación dalgunhas delas. “No caso dos contedores soterrados estamos a traballar sobre distintos escenarios, xa son actuacións máis complexas e custosas debido aos problemas existentes nas unidades de recollida pola falta de mantemento e arranxo durante todos estes anos”.

Back to top