Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS DISPÓN DE 16 NOVOS EQUIPOS INFORMÁTICOS EN FRANCISCO VIZOSO

O concelleiro de Facenda Miguel Mahía informou hoxe da mellora realizada no centro de formación de Francisco Vizoso logo da instalación de 16 novos equipos informáticos

O acordo adoptado pola Mancomunidade de Ferrol permitiu a creación dun aula de formación no centro Francisco Vizoso de Franza e o desenvolvemento de cursos formativos en colaboración co resto dos concellos pertencentes á organización supramunicipal.

O concello así logra dar un pulo á aposta pola formación e a promoción económica, que resultan tan necesarias para a veciñanza nestes tempos de incerteza no mercado laboral,que esixirán de moitos traballadores un esforzo extra para a súa reciclaxe e mellora da formación.

Back to top