O Concello de Mugardos abrirá a inscrición das escolas Culturais e Deportivas o vindeiro 16 de setembro
O prazo para a matrículas nas Escolas Municipais de Cultura e Deportes, e de Envellecemento Activo abriranse o vindeiro 16 de setembro, dando comenzo as clases a partir do día 1 de outubro. As matrículas faránse nas dependencias de Cultura e Deportes do Concello de Mugardos, e a Escola de Envellecemento activo nas de Benestar Social.
As Escolas Deportivas ofrecerán Ximnasia de mantemento, Ioga, Taichi, Zumba e Bailes caribeños, e como novidade incorpórase a escola de Camiñada con bastóns. Para os pequenos ofértanse as escolas de Atletismo, Patinaxe, Escalada, Baile moderno, Tenis e Ximnasia rítmica. Ademais da oferta municipal no Concello, cóntase coas Escolas de Fútbol e Remo, organizadas polas entidades deportivas.
A Escola de Envellecemento Activo, dentro do departamento de Benestar social, está dirixida a persoas maiores de 55 anos, e ofrece como actividades a Lecto-escritura, Teatro, Memoria e Manexo de smartphones.
As Escolas Municipais impártense en diferentes locais municipais e tamén nas sociedades como o Casino Progreso de Franza, a Sociedade Deportivo Recreativa san Xoán de Piñeiro e a Sociedade de amigos da Paisaxe galega do Seixo, para lograr unha descentralización por todo o municipio.