O CONCELLO DE MUGARDOS COORDINA COA POLICÍA LOCAL E A GARDA CIVIL A SEGURIDADE DOS PRÓXIMOS EVENTOS
O Concello de Mugardos mantivo esta semana unha reunión de coordinación con representantes da Policía Local e da Garda Civil para planificar o dispositivo de seguridade dos próximos eventos que se celebrarán no municipio durante as próximas semanas e meses.
No encontro abordáronse aspectos relacionados coa organización de eventos culturais, festivos e deportivos, así como a coordinación de efectivos, control de tráfico, prevención e medidas de seguridade para garantir o correcto desenvolvemento das actividades previstas. Tamén se trataron temas relacionados coa seguridade e protección das vítimas de violencia de xénero, e a seguridade cidadá.
A concelleira de Emerxencias e Facenda, Ana Varela Bastida, destacou “a importancia da coordinación entre administracións e corpos de seguridade para garantir que todos os eventos desenvólvanse con normalidade e coas máximas garantías para veciños e visitantes”.
Desde o Concello agradeceuse a disposición e colaboración tanto da Policía Local como da Garda Civil para traballar conxuntamente na planificación dos diferentes dispositivos que serán necesarios durante a tempada de maior actividade no municipio.