Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello ampliará a rede de auga potable no Vilar (Franza) e na rúa Yáñez Badía

As obras se financiarán con cargo ao POS do ano 2019

Mugardos, 9 de decembro de 2021. A Xunta de Goberno Local do Concello de Mugardos ven de aprobar o expediente de contratación para as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga potable no Vilar (Franza) e na rúa Francisco Yañez Badía, incluidas no POS 2019. Esta actuación ten un orzamento de 56.938€.

Segundo apuntou o Concelleiro de Obras de Mugardos, Jorge Kuntz, “trátase de dúas intervencións que mellorarán a calidade de vida dos veciños destes lugares, e que responden a unha antiga demanda vecinal que ven a recibir resposta do goberno local”.

Back to top