Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ADHÍRESE AO PROGRAMA PARA O CONTROL DA COVID-19 NOS EFECTIVOS DA POLICÍA LOCAL

O alcalde Juan Domingo de Deus Fonticoba aprobou por resolución de alcaldía a adhesión do Concello de Mugardos ao convenio entre a Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a posta en marcha do programa para o control da covid-19 nos efectivos da policía local dos concellos galegos.

O obxecto do convenio é establecer as liñas de actuación e accións previstas polas partes para o control de casos de COVID-19 que puidesen afectar a calquera efectivo das policías locais (policías e auxiliares de policía) do concello e garantir o desempeño das súas funcións en condicións seguras.

Pode consultarse o texto íntegro do convenio e a resolución de adhesión a dito convenio nas seguintes ligazóns:

 DESCARGAR PDF Convenio entre Xunta-Sergas-FEGAMP-Concellos para o control da covid-19 nos efectivos da policía local

 DESCARGAR PDF Resolución da alcaldía á adhesión ao convenio

Back to top