Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ABONA AO GALICIA DE MUGARDOS O 80% DO CONVENIO DE COLABORACIÓN FIRMADO EN 2020

A Concellería de Deporte informa do pago do 80% do convenio de colaboración entre o Galicia de Mugardos e o concello cunha achega municipal total de 30.000 euros destinada á sociedade deportiva.

A finalidade da subvención é a participación en competicións, torneos, ligas oficiais, mantemento de escalas deportivas e organización de eventos deportivos do Galicia de Mugardos. Poderase tamén xustificar gastos en roupa deportiva, licencias, desprazamentos, seguros, inscripción en competicións, ou gastos correntes (luz, auga, teléfono, internet…) en concepto de colaboración municipal para o financiamento das actividades regulares tales como: competición de liga e copa oficiais, así como o gasto corrente derivado do mantemento das instalacións, equipamentos , xestión administrativa e mantemento da escola de fútbol base.

O convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre o Concello de Mugardos e o S.D.C. Galicia de Mugardos para apoiar e promover a actividade deportiva xeral tanto na organización de eventos deportivos no Concello de Mugardos, como na da práctica regular de actividade física da cidadanía mugardesa, e máis concretamente promover a participación da mocidade no deporte base, de tal xeito que as actividades obxecto de subvención están abertas a todas/os as/os nenas/os e á mocidade, non podendo esixir a condición de socio/a para participar na práctica deportiva das actividades obxecto do presente convenio.

A concelleira Begoña Roldós confirmou o pago dos 24.000 euros iniciais á sociedade deportiva e subliñou o carácter estratéxico destes convenios para o goberno municipal “Estamos a tecer unha rede de apoio e colaboración coas sociedades. Non só traballamos para axudar á súa supervivencia, tamén para colaborar na súa modernización e crecemento, xa que entendemos que son unha parte fundamental da nosa historia e o noso patrimonio popular”.

Back to top