Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O COMPLEXO ACUÁTICO DO CASTRO VOLVE Á ACTIVIDADE O PRÓXIMO LUNS

A Concellería de Deportes informa da reapertura das instalacións do Complexo Acuático do Castro a partir do luns 22 de xuño.

O horario de apertura será de luns a venres de 8.00 a 13.30 e de 16.00 a 22.30 horas, os sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, e os domingos abrirá de 10.00 a 14.00 horas.

Os aforos máximos foron fixados seguindo a normativa e na procura da máxima seguridade para os usuarios e usuarias, habilitando tamén espazos de uso preferente para maiores de 65 anos:

  • Ximnasio: máximo 27 postos (dos cales 4 son para maiores de 65)
  • Spa: 10 personas máximo
  • Piscina: 5 usuarios por rúa (1 rúa será de uso preferente para maiores de 65 anos)

As persoas que desexen facer uso das instalacións non necesitarán solicitar cita previa e todos os espazos foron adaptados para o mantemento do distanciamento social así como para a limpeza, coa colocación de dispensadores de hidroxel repartidos polas instalacións. No acceso ás instalacións realizarase a medición da temperatura por cámara térmica tanto a usuarios/as como a traballadores/as.

A zona de augas, é un lugar totalmente seguro, xa que as concentracións utilizadas de cloro permiten ter un auga totalmente desinfectada, con potencial suficiente para eliminar calquera virus ou xerme que entre na auga. Así mesmo, cos sistemas ultravioletas existentes a desinfección será de total garantía.

A partir do mes de xullo impartiranse algunhas actividades só en horario de mañá, que requerirán de solicitude de cita previa e que nos casos que sexa posible serán impartidas no exterior das instalacións. Este verán e por motivos de seguridade e aforo non se programarán actividades específicas para nenos e nenas.

A concelleira Begoña Roldós quixo destacar a satisfacción dos concellos de Mugardos e Ares (cotitulares das instalacións) polo traballo feito no relativo ás medidas de seguridade e prevención “as medidas de seguridade das instalacións son moi importantes, e os veciños e veciñas poderán disfrutar da práctica deportiva sen olvidar que tamén teñen que facer a súa parte, como manter o distanciamento social”.

Back to top