Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Centro de Interpretación do Caldoval alberga unha anforeta da Idade Media atopada por dous pescadores mugardeses na ría de Ferrol.

Os irmáns Juan Santiago e Luis Alonso Cudilleiro, pescadores mugardeses a bordo do Novo Genoveva, atoparon esta semana unha anforeta de Indias na ría de Ferrol. Estas anforetas empezaron a usarse na Idade Media, cun comercio moi intenso nos séculos XVII e XVIII.


Os pescadores trasladaron este obxeto ó Concello. Unha vez recibido, o Alcalde de Mugardos, Domingo Deus, púxose en contacto coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Tras falar co xefe do servicio de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, o Concello enviou a peza ó Centro de Interpretación de Caldoval, onde está a recibir un tratamento con auga doce, á espera da súa catalogación.


Dende o Concello de Mugardos se solicitou á Xunta que a anforeta se mantenga no Museo de Caldoval, para que tódolos veciños poidan disfrutar desta interesante peza da nosa historia.

Back to top